Páginas

Páginas

miércoles, 24 de mayo de 2023

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

         Onte ( 23 de Maio ) vivimos unha experiencia inolvidable, disfrutamos a tope na nosa excursión de fin de curso, con moita ilusión viaxamos este ano a  CASA   DO  QUEIXO, na aldea de Grixalba-Sobrado dos monxes; é ben sabido que a libertade que da a vida na aldea é enriquecedora, poidemos aprender moitísimas cousas de maneira divertida, xunto cos nosos compañeiros de 4º e 5º de infantil e tamén 1º e 2º de primaria, cuns monitores maravillosos e moi cariñosos.

            Ao longo do día fixemos varios talleres que nos encantaron: poidemos contemplar en vivo e directo algúns animais da granxa, saber que eles nos proporcionan alimento, compañía..., saber como poder ordeñar unha vaca e co seu leite facer queixo; tamén visitamos a horta, alí plantamos unhas semillas das que cando crezcan teremos pementos; coñecemos e practicamos antigos oficios como o de alfareiro, en barro moldeamos preciosas medallas ca imaxe da porquiña Pepa. 

            Disfrutamos un montón xogando ao aire libre e voltamos con moitas gañas de ter moi pronto máis experiencias como a que acabamos de vivir. 



                                                    FAI  CLIC  NA  FOTO