Páginas

Páginas

miércoles, 17 de mayo de 2023

17 DE MAIO-DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

            Unha das datas que non podemos esquecer no cole é a celebración do día das Letras Galegas, cada ano a Real Academia Galega homenaxea a un autor que empregou e defendeu  na súa obra o noso idioma e a nosa cultura,  este ano celebramos o 60 aniversario e está dedicado a Francisco Fernández del Riego.

            Nós para celebralo fixemos unha grande festa na compaña dos nosos compañeiros de 4º e 5º de infantil, de maneira cooperativa elaboramos un precioso mural, ademáis coñecimos algúns datos biográficos do autor homenaxeado e recordamos outros autores, como a primeira das homenaxeadas da festa: Rosalía de Castro (que xa coñecemos), tamén fixemos en parellas un puzle dun dos murais da festa, non podía faltar a música galega que cantamos e bailamos.

                            
                                                                        FAI  CLIC  NA  FOTO