Páginas

Páginas

viernes, 24 de febrero de 2023

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

     Tódolos 23 de febreiro conmemoramos na nosa Galicia o día adicado a nosa coñecida e sempre inmortal poetisa Rosalía de Castro, lembrando así a data do seu nacemento, neste ano cumpleuse o 186 aniversario, os nen@s das aulas de 4 e 5 anos festexamos a data participando nunha ofrenda floral, acto que tivo lugar na plaza de Vigo, onde estivo a súa residencia en Santiago, ademais recitamos fenomenal os primeiros versos do seu poema " miña nai, miña naiciña ". Xa de volta ao cole poidemos degustar un riquísimo caldo de Gloria e poidemos escoitar un dos  seus poemas  "Miña casiña, meu lar ", publicado na súa obra Follas Novas, onde nos fala  da feitura dun caldo humilde.

    Foi unha experiencia moi gratificante, participamos, escoitamos e movemonos con música galega,  disfrutamos un montón na saída. Remato esta noticia cas palabras que os nen@s gritaron a unha soa voz:  VIVA  ROSALÍA !!


                                                   
                                                                  FAI  CLIC  NA  FOTO