Vaia diversión esta semana no cole !!, comezámola con detalles que xa anunciaban festa, seguindo os consellos do noso meco (cabeza adornada, xersei divertido, pintada a cara ), pero o noso remate da semana foi ao grande, con dúas grandes festas:
- o xoves foi o día tan esperado e para o que tanto traballamos, a comparsa do CIRCO NA CASA DO NENO, participamos todo infantil facendo un desfile especial e divertido, con paiasos, forzudos, tigres e leóns, magos, equilibristas e elefantes, pasámolo todos xenial, nenos, profes e familias.
- ainda nos quedou gañas de máis, porque ao día seguinte, o venres, tivemos o día do DISFRAZ LIBRE, para a ocasión viñemos disfrazad@s das nosas persoaxes favoritas, tivemos: súper héroes, princesas, policías, animais,..., con desfile, música, merenda e baile, fixemos unha festa conxunta as aulas de 3, 4 e 5 anos, na que compartimos e disfrutamos con moita ilusión e ledicia.
FAI CLIC NA FOTO
Xa rematada a semana escolar do entroido, esperamos sigades disfrutando destas festas tradicionais, que tanto nos gustan a pequenos e maiores, celebrámolas desde diversos lugares e de diversas maneiras, estedes donde estedes que sexan días de FESTA E DIVERSIÓN para tod@s. Grazas por colaborar e participar no entroido do noso cole, por todos os ánimos positivos que estivemos recibindo, si as actividades saen adiante é tamén grazas a vos. Vémonos pronto