Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA conxuntamente cas aulas de 3 e 4 anos, o noso despertar foi reunirnos tod@s para falar sobre a que chamamos paz, como simbolizamos a paz, en que momentos sentímonos con paz, por qué se conmemora neste día,...rematamos o noso encontro bailando a canción Paz, Paz, Paz; a continuación fomos para as nosas aulas a facer unha manualidade e poder expoñela na cristaleira da entrada do cole; nos reflexamos o momento cunha CHOIVA DE PAZ, cada un escribiu unha palabra que reflexe un momento de Paz, decorando logo a nosa pingueira; rematamos voltando a xuntarnos e disfrutar da nosa merenda e poder xogar tod@s xuntos (3, 4 e 5 anos).
FAI CLIC NA FOTO