Páginas

Páginas

martes, 17 de enero de 2023

A música e as emocións.

Un dos piares educativos de Casa do Neno é o traballo das emocións, procurando favorecer, entre outros aspectos, a xestión emocional, as relacións socias e a busca do propio benestar.

Así pois, dende a disciplina de Expresión Musical realizamos unha actividade na cal identificamos e plasmamos as nosas emocións trala escoita dunha serie de fragmentos e pequenas pezas musicais, empregando como protagonista ao noso xa coñecido Monstro das cores.