AVANZANDO NO PROXECTO:
Rematada as tarefas 0 e 1 comezamos a tarefa 2. Como exploradores do espacio, nesta segunda misión do proxecto "Os segredos do universo" tócanos preparar a entrada no sistema solar. Descubrimos que o Sol é unha estrela que da luz e calor aos planetas. Está no centro e os planetas xiran ao seu arredor. Como en cada misión empregamos as nosas ferramentas para descubrir cada pista que nos permita seguir avanzando. ¿Podes ver a palabra que se agocha nesta pista?