¡ HAPPY BIRTHDAY ANTÓN!
Hoy le cantamos el cumpleaños feliz a nuestro compañero Antón que pasa a cumplir ya los 6 años. Qué alegría celebrar la vida juntos. Gracias por las chuches y que cumplas muchos más.
AVANZANDO NO PROXECTO:
Rematada as tarefas 0 e 1 comezamos a tarefa 2. Como exploradores do espacio, nesta segunda misión do proxecto "Os segredos do universo" tócanos preparar a entrada no sistema solar. Descubrimos que o Sol é unha estrela que da luz e calor aos planetas. Está no centro e os planetas xiran ao seu arredor. Como en cada misión empregamos as nosas ferramentas para descubrir cada pista que nos permita seguir avanzando. ¿Podes ver a palabra que se agocha nesta pista?
LETRAS GALEGAS:
Este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras a Luisa Villalta Gómez. Nacida o 15 de xullo de 1957 e falecida o 6 de marzo do 2004. O pasado xoves no 2º ciclo de Infantil xuntámonos para rendir a nosa pequena homenaxe a esta escritora, filóloga e o que máis nos sorprendeu é que tamén era violinista.
COOPERATIVO
Sempre que traballamos por proxectos, ademáis das rutinas tamén poñemos en práctica técnicas de traballar en equipo. No noso proxecto sobre o universo, vimos algunhas actividades que se levan a cabo no espazo aéreo. Como tarefa cooperativa, despois de visualizar varios vídeos didácticos, construímos as nosas maquetas de avión. Ao finalizar cada membro do grupo poido manipular cada unha das pezas e xogar con elas.
SE QUERES VER MÁIS FAI CLIC NA FOTO
¡O NOSO MAIO!
Aínda a que a semana foi curtiña, puidemos festexar "O MAIO", unha festa ancestral coa que recibimos a entrada da primavera. Significa o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol...¡Qué bonito quedou o noso maio!. Vestímolo con fiuncho, flores e xestas.