CELEBRAMOS O QUE APRENDEMOS
O pasado mércores os alumnos do 2º ciclo de Infantil levamos a cabo a primeira celebración da aprendizaxe do curso. Compartimos coas nosas familias todo o aprendido ao longo do proxecto "Sans e Felices" . Damos grazas aos nosos papás e mamás por participar na xornada e nas actividades que preparamos con tanto cariño e ilusión. Grazas a cada unha de vós.